O Salario do silencio, documental sobre Reganosa
Viernes, 8 junio 2007 |
O director do documental e responsable de Namche Films S.L., Enrique Banet, presentou hoxe o documental “O salario do silencio”, que pretende informar sobre o “perigo” e as “irregularidades” do proxecto de Reganosa (Pranta de Gas na Ría de Ferrol) para contrarrestar ao “silencio” e a “manipulación” informativa.
Durante o acto de presentación en Santiago, Banet sinalou que a planta de gas de Mugardos constitúe “unha bomba” e un “perigo” para 150.000 persoas, criticou ás formacións políticas que “gobernan e gobernaron” e recalcou que o proxecto de Reganosa “non se axusta” á normativa que “eles mesmos ditaron”, xa que os informes favorables que emitiron os organismos implicados están condicionados ao cumprimento do Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas (Raminp) e da normativa relacionada que “non se cumpre”.
En canto ás accións policiais contra a mobilización dos mariscadores e á detención do patrón maior da Confraría de Ferrol, Bernardo Bastida, Enrique Banet asegurou que a presenza de cidadáns na ría “foi legal”, xa que a lexislación establece que se lles debe notificar a entrada dun gaseiro destas características “con 72 horas de antelación”.
Ademais, a produtora executiva de ‘O salario do silencio’, Mabel Rivera, afirmou que as reaccións políticas en torno á mobilización na Ría de Ferrol denotan unha “alta traizón” á cidadanía, e subliñou que as accións policiais contra a mobilización cidadá fixeron que a vila “parecese a Ferrol de Franco.
Mabel Rivera mostrouse crítica co bipartito e recordou que participou no movemento ‘Hai que botalos’ para o cambio de Goberno autonómico. No entano, apuntou que “non se arrepinte” xa que “o fixo polos cidadáns”.
“ESCÁNDALO POLÍTICO E ECONÓMICO”
Pola súa banda, o presidente do Ateneo Ferrolán, Eliseo Zaera, insistiu en que a instalación de Reganosa na parroquia mugardesa de Mehá “choca frontalmente” coa base naval de Ferrol, así como co proceso para declarar a ría Patrimonio da Humanidade e a presenza de depósitos arqueolóxicos “a 50 metros” da planta regasificadora. Tamén denunciou que a prisión provisional sen fianza que se aplica a Bernardo Bastida correspondería “a un terrorista”.
Finalmente, o representante do Comité Cidadán de Emerxencia, Alexandre Carrodeguas, afirmou que a situación constitúe o maior escándalo político e económico da democracia en Galicia, e insistiu en que Reganosa está baseada en mentiras e incumpre normativas”. Así mesmo, subliñou que o Comité “paraliza o que tería que paralizar a Xustiza” e acusou esta de encontrarse “condicionada politicamente” e de “criminalizar” á cidadanía.
Por último, Mabel Rivera sinalou que ‘O salario do silencio’ se proxectará en distintas cidades galegas e se distribuirá en formato DVD, por un importe de 12 euros. Os beneficios destinaranse á Confraría de mariscadores da Ría de Ferrol.
- -Ciclo dedicado a la memoria histórica en Madrid
...-Tras un largo silencio, documental sobre desaparecidos en Zinebi
...-V Encuentro Hispanoamericano de Cine y Video Documental Independiente
...
Noticias relacionadas
Novedades en Recursos
Nube Etiquetas
Actos Alicante Anarquista Argentina Asia Audiovisual barcelona Bilbao Chile Cine Cine Documental Concurso Creative Commons Cuba Derechos Humanos Doc Documental El Cine El Evento festival Festival De Cine Ganador guerra Guerra Civil Icaa Internacional Israel Lucio Urtubia Madrid memoria muestra Muestra De Cine mugarik gabe México Nicaragua Palestina Pinochet Portugal Premio Proyecciones Punto De Vista Social trabajadores Tve Zaragoza
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
- Cuando todo lo que vemos, oimos y nos ofrecen es ficción. Cada vez se hace más difícil distinguir entre real e irreal. Despertar del placebo sueño en el que quieren convertir nuestras existencias, se hace vital.
Begizorrotz
- blogs&docs - Bitácora catalana sobre documentales
- Boedo films - Grupo Boedo films (Argentina)
- Eguzki Bideoak - Proyecto distribucion audiovisual popular, horizontal, independiente y autogestionado
- freespeech - Freespeech TV
- Crea tu propio blog en KINOKI con sólo dos pasos- La prospe - Escuela Popular
- ojo obrero - Cine piquetero desde argentina
- okupem les ones | la tele - Asamblea por la comunicacion social
- PluraliaTV - Cooperativa valenciana de Televisión
- undercurrents - Asociación inglesa de video activistas





| gestionado con